Personalizar anotacións
Prema co botón dereito sobre a icona dunha anotación nun documento.
Select Annotation Properties….
-
Na xanela Propiedades da anotación pode cambiar o autor, cor, estilo e icona para unha nota.
As propiedades das anotacións só se aplicarán na nota para que fixo os cambios. Cada nota ten un conxunto de propiedades distintas.
Podo cambiar de forma permanente as propiedades das anotacións predeterminadas?
As propiedades de anotación predeterminadas (autor, cor, estilo e icona) só se poden cambiar nunha nota particular como se comentou anteriormente. De tal forma que se quere que tódalas iconas das súas notas sexan de color vermello no lugar de amarelo, deberá cambiar o valor predeterminado de amarelo a vermello individualmente en cada nota. Neste momento non existe unha forma de gardar axustes predeterminados diferentes para as propiedades de anotación.