Beamer con SyncTeX

Beamer é unha clase LaTeX para crear diapositivas para presentacións.

Pode realizar buscas cara adiante e atrás nunha presentación Beamer-Latex de forma similar a unha busca a través de outros ficheiros TeX compilados con SyncTeX. Porén a busca móstralle o marco (diapositiva) correspondente, non necesariamente a liña de texto asociada. Esta diferenza detállase embaixo.