Estabelecer a calidade da imaxe

Pode axustar a calidade da imaxe que usa cando converte o escáner a un ficheiro modificando este axuste no diálogo de preferencias. Usando unha calidade baixa terá un tamaño de ficheiro pequeno pero pode mostrarse desenfocado ou con parches. Unha calidade alta manterá a información escaneada pero precisa un tamaño de ficheiro máis grande. Vexa a Algoritmo de compresión con perda para obter máis información.

  1. Prema o botón de menú na esquina superior dereita da xanela e seleccione Preferencias.

  2. Na sección Calidade arrastre o deslizador Compresión.

  3. Peche o diálogo.