Gañar en GNOME Tetravex
Os seguintes consellos non lle asegurarán gañar un xogo, porén permiten axudarlle de forma doada.
Buscar un número sinxelo
Ao iniciar un novo xogo, busque un número sinxelo ou un número que non teña números similares e que poidan poñerse ao carón.
Se só ten un número dese, dita peza é unha peza de inicio válida, polo que xa saberá onde poñela.
Teña en conta que canto máis grande sexa o taboleiro, máis difícil será atopar o número.