Xogar a GNOME Tetravex
Uso básico
A xanela do xogo está dividido en dúas caixas: a da dereita contén as pezas que deben reordenarse, a da esquerda é onde se deben ordenar e mover as pezas da parte esquerda. Cada peza está dividida en catro pequenos triángulos que conteñen un número.
O propósito do xogo é posicionar as pezas para que só estean ao carón os números iguais.
Non é posíbel poñer as pezas con diferente número ao carón.
O xogo complétase cando todas as pezas están postas na súa posición correcta.
Ao iniciar GNOME Tetravex, o xogo iniciarase automaticamente e o tempo comezará a contar.
Vídeo de demostración
Este curto vídeo mostra como funciona o xogo e cales son os movementos posíbeis.
0:00-:--
Arrastre as pezas desde a dereita á esquerda, asegurándose que os bordes adxacentes teñen o mesmo número e cor.
Manteña premida a tecla Ctrl e prema as teclas de frecha para mover todas as pezas posicionadas á vez.
Continúe arrastrando as pezas até que todas encaixen xuntas á esquerda.