Estabelece o modo de seguimento da tableta Wacom

O Modo tableta determina como se asigna o estilete á pantalla.

  1. Abra a vista de Actividades e comece a escribir Tableta Wacom.

  2. Prema na Táboa de Wacom para abrir o panel.

    Se non se detecta ningunha tableta, pediráselle que Conecte ou acenda a súa tableta Wacom. Faga clic en Bluetooth na barra lateral para conectar unha tableta sen fíos.

  3. Escolla entre o modo tableta (ou absoluto) e o modo área táctil (ou relativo). Para o modo tableta, active o Modo tableta.

No modo absoluto cada punto da tableta corresponde cun punto da pantalla. A esquina superior esquerda da pantalla, por exemplo, sempre corresponde co mesmo punto da tableta.

No modo relativo se deixa o punteiro fóra da tableta, e o pon nun lugar diferente, o cursor da pantalla non se move. Así é como funciona o rato.