Cambiar a súa foto da pantalla de inicio de sesión

Cando inicia unha sesión ou cambia de usuario, verá unha lista de usuarios coas súas fotos de inicio de sesión. Pode cambiar a súa foto a unha imaxe de ficheiro ou unha imaxe da súa propiedade. Pode incluso tomar unha foto nova coa súa cámara web.

Debe ter privilexios de administración para engadir contas de usuario.

  1. Open the Activities overview and start typing System.

  2. Select Settings ▸ System from the results. This will open the System panel.

  3. Seleccione Usuarios para abrir o panel.

  4. Se quere editar outro usuario distinto do seu, prema Desbloquear na esquina superior dereita e escriba o contrasinal cando se lle pregunte por él. Escolla o usuario desde Outros usuarios.

  5. Faga clic na icona do lapis que está a carón do teu nome. Mostrarase unha galería despregable con algunhas fotos de inicio de sesión. Se lle gusta un deles, faga clic nel para usalo por si mesmo.

    • Se prefire usar unha imaxe que xa ten no seu ordenador, faga clic en Seleccionar un ficheiro….

    • Se ten unha cámara web pode tomar unha foto para o seu novo inicio de sesión premendo Tomar unha foto…. Tome a foto, logo mova e redimensione o cadrado para recortar as partes que non desexa. Se non lle gusta a imaxe que tomou prema Rexeitar foto para tentalo de novo, ou prema Cancelar para saír.