Escoito tics e zumbidos cando se reproduce son

Se escoita chisporroteos ou zumbidos ao reproducir sons no seu equipo, pode ter un problema cos cables ou os conectores de son ou un problema cos controladores da tarxeta de son.

  • Comprobe que os altoparlantes están acendidos correctamente.

    Se os altofalantes non están correctamente conectados ou non están no zócalo equivocado, podería escoitar un son de zunido.

  • Asegúrese de que o cable do altofalante/auricular non está danado.

    Os cables e os conectores de son pódense deteriorar co uso. Probe a conectar o cable ou os auriculares noutro dispositivo de son (como un reprodutor MP3 ou CD) para comprobar se aínda se escoita o chisporroteo. Se é así, deberá substituír o cable ou os auriculares.

  • Comprobe que os controladores de son non son moi bos.

    Algunhas tarxetas de son non funcionan moi ben en Linux, xa que non ten moi bos controladores. Este problema é máis difícil de identificar. Trate de buscar a marca e o modelo da tarxeta de son en Internet, máis en termo de busca «Linux», para ver se outras persoas están tendo o mesmo problema.

    Pode usar a orde lspci para obter máis información sobre a súa tarxeta de son.