Trocar entre as xanelas
Pode ver todas as aplicacións en execución que teñen unha interface de usuario gráfica no trocador de xanelas. Isto fai que cambiar entre tarefas sexa un proceso dun único paso e fornece unha imaxe completa de que aplicacións se están executando.
Desde un espazo de traballo:
As xanelas no selector de xanelas agrúpanse por aplicacións. As vistas previas das aplicacións con múltiples xanelas despréganse cando as preme. Prema Super e prema ` (ou a tecla Tab) para recorrer a lista.
Tamén pode moverse entre as iconas dos aplicativso no intecambiador de xanelas con → ou ← ou seleccionar unha premendo sobre ela co punteiro do rato.
As vistas previas das aplicacións cunha soa xanela, só están dispoñíbeis cando se preme expresamente a frecha ↓.
Desde as Actividades, prema nunha xanela para cambiar a ela e saír da vista previa. Se ten varias áreas de traballo abertas, pode premer en cada unha de elas para ver as xanelas abertas en cada área de traballo.