Imprimir a ficheiro

Pode optar por imprimir un documento nun ficheiro en lugar de envialo para imprimir desde unha impresora. Ao imprimir nun ficheiro crearase un PDF, un PostScript ou un ficheiro SVG que contén o documento. Isto pode ser útil se queres transferir o documento a outra máquina ou compartilo con alguén.

Para imprimir nun ficheiro:

  1. Abra o diálogo de impresión premendo Ctrl+P.

  2. Seleccione Imprimir a ficheiro baixo a lapela Xeral.

  3. Para cambiar o nome do ficheiro predeterminado e onde se gardará o ficheiro, prema o nome de ficheiro embaixo da selección de impresora. Prema Seleccionar ou Gardar en canto remate a selección.

  4. PDF é o tipo de ficheiro por omisión para o documento. Se quere usar un formato de saída diferente, seleccione tanto PostScript ou SVG.

  5. Seleccione as outras preferencias de páxina.

  6. Prema Imprimir para gardar o ficheiro.