Por que a impresión é pouco uniforme, hai liñas ou cores erróneos nas miñas impresións?
As súas impresións son pouco uniformes, esvaecidas ou teñen liñas que non deberían ter ou son de calidade pobre, pode ser debido a un problema coa impresora ou falta de tinta ou tóner.
- Imaxes ou texto desvanecido
Pode que se estea quedando sen tinta ou tóner. Comprobe o nivel da súa tinta ou tóner e compre un cartucho novo se é necesario.
- Raias ou liñas
Se te unha impresora de inxección de tinta, o cabezal de impresión pode estar sucio ou parcialmente bloqueado. Probe a limpar o cabezal de impresión. Consulte o manual da impresora para obter instrucións.
- Cores incorrectas
Pode que a impresora que quedara sen tinta ou tóner dunha cor. Comprobe o seu subministro de tinta/tóner e compre un cartucho novo se é preciso.
- Bordos escalonados ou liñas que non son rectas
Se as liñas na impresión de que deben ser rectas resultan irregulares, é posíbel que precise aliñar o cabezal de impresión. Consulte o manual de instrucións da impresora para obter detalles sobre como facer isto.