Imprimir sobres
A maioría das impresoras permítenlle imprimir directamente nun sobre. Isto é especialmente útil se ten que enviar moitas cartas, por exemplo.
Imprimir en sobres
Hai dúas cousas que precisa comprobar ao tentar imprimir nun sobre.
A primeira que a súa impresora coñece o tamaño do sobre. Prema Ctrl+P para abrir o diálogo de Imprimir, vaia á lapela Configuración da páxina e seleccione o Tipo de papel como «Sobre» se pode. Se non pode facer isto, comprobe se pode cambiar o Tamaño do papel a un tamaño de sobre (por exemplo, C5). O paquete de sobres diralle o tamaño que teñen. Aínda así os sobres teñen tamaños estándar.
En segundo lugar, é preciso asegurarse de que os sobre se cargan do lado axeitado na bandexa da impresora. Consulte o manual da impresora para o resto, ou trate de imprimir un sobre e comprobar de que lado está impreso para ver que maneira é a correcta.
Algunhas impresoras non están deseñadas para imprimir sobres, especialmente algunhas impresoras láser. Consulte o manual da súa impresora para ver se acepta sobres, do contrario, podería danar a impresora ao introducir un sobre.