Conectar cunha rede sen fíos

Pode usar o seu computador como un punto de acceso sen fíos. Isto permite a outros dispositivos conectarse vostede sen precisar dunha rede aparte, e permítelle ao seu computador compartir unha conexión a Internet configurada noutra interface, como unha rede con fíos ou unha rede de banda larga móbil.

  1. Abrir o menú do sistema na parte dereita da barra superior.

  2. Seleccione Wifi. A sección Wifi do menú ampliarase.

  3. Prema en Todas as redes.

  4. Prema o botón de menú na esquina superior dereita da xanela e seleccione Activar punto de acceso Wifi….

  5. Se xa está conectado a unha rede sen fíos, preguntaráselle se quere desconectarse desa rede. Un adaptador sen fíos só pode conectarse ou crear unha única rede ao mesmo tempo. Prema Activar para confirmar.

Xerarase automaticamente un nome de rede (SSID) e unha chave de seguridade. O nome de rede estará baseado no nome do seu computador. Outros dispositivos precisarán esta información para conectarse ao «hotspot» que acaba de crear.

Tamén pode conectarse á rede sen fíos dixitalizando o código QR no seu teléfono ou tableta mediante a aplicación de cámara incorporada ou un escáner de código QR.