Manterse seguro na Internet

Unha posíbel razón pola que está usando Linux é pola súa robusta seguranza pola que é coñecido. Unha razón pola que Linux é relativamente seguro do malware e virus é polo seu baixo número de usuarios. Os virus están enfocados en sistemas operativos populares como Windows, que teñen unha base de usuarios extremadamente grande. Linux tamén é moi seguro debido á súa natureza de fontes abertas, que lle permite aos expertos modificar e mellorar as características de seguranza incluídas para cada distribución.

A pesar de que as medidas levadas a cabo para asegurar a súa instalación de Linux sexan seguras existen vulnerabilidades. Como usuario medio de internet tamén pode ser susceptíbel de:

Para conectarse de maneira segura, recorde as seguintes suxestións:

  • Teña coidado de correos electrónicos, anexos ou ligazóns que lle envíen persoas que non coñece.

  • Se un ofrecemento nun sitio web é demasiado bo para ser certo ou solicítalle información sensíbel que semella innecesaria, pénseo dúas veces antes de enviar a súa información e que poida ter consecuencias se a súa información se compromete por ladróns de identidade ou outro criminais.

  • Teña coidado en fornecer a calquera aplicación permisos de nivel root, especialmente aquelas que non usou antes ou aplicacións que non son moi coñecidas. Ao fornecerlle a alguén ou algo os permisos de nivel root pon o seu computador en alto risco de ataques.

  • Asegúrese de que só está executando os servizos de acceso remoto necesarios. Tendo SSH ou VNC executándose pode ser útil, pero deixa o seu computador aberto á intrusión se non os asegura de forma correcta. Considere o uso dunha devasa que lle axude ao seu computador nas intrusións.