Preciso analizar os meus correos electrónicos por virus?

Os virus son programas que causan problemas se atopan a forma de entrar no seu computador. A forma máis común de que entren no seu computador é mediante mensaxes de correo electrónico.

Os virus que poden afectar aos computadores con Linux son moi estraños, polo que é moi improbábel que lle entre un virus mediante o correo electrónico ou calquera outra forma. Se recibe un correo electrónico con un virus agochado nel, é moi probábel que non teña efecto no seu computador. Polo que é probábel que non teña que analizar os seus correos electrónicos para buscar virus.

Pode, porén, que desexe analizar o seu correo na busca de virus e no caso de que os encontrara evitar pasalos dunha persoa a outra. Por exemplo, se un dos seus amigos ten un equipo con Windows con un virus e lle envía un correo electrónico con virus, e logo vostede reenvía o correo electrónico a outro amigo cun equipo con Windows, o segundo amigo podería infectarse co virus. Pódese instalar unha aplicación antivirus para analizar o seu correo electrónico para evitar isto, pero é pouco probábel que suceda e do mesmo modo a maioría das persoas que usan Windows e Mac OS teñen un software antivirus.