Activar ou bloquear o acceso á devasa
GNOME non inclúe unha devasa, polo que para obter asistencia máis aló deste documento consulte co equipo de asistencia da súa distribución ou co departamento de TI da súa organización. O seu ordenador debe estar equipado cunha devasa que lle permita bloquear o acceso a programas doutras persoas en Internet ou na súa rede. Isto axuda a manter o seu ordenador seguro.
Algunhas aplicacións poden usar a súa conexión de rede. Por exemplo, pode compartir ficheiros ou deixarlle a outras persoas ver o seu escritorio de forma remota ao conectarse a unha rede. Dependendo de como estea configurado o seu computador, podería necesitar axustar o firewall para permitir a ditos servizos funcionar como deben.
Cada programa que fornece servizos de rede usa un porto de rede específico. Para permitirlle a outro computador na rede acceder a un servizo, debe «abrir» o seu porto asignado na devasa:
Vaia a Actividades na esquina superior esquerda da pantalla e inicie a aplicación da devasa. Pode querer instalar un xestor de devasa por si mesmo se non atopa un (por exemplo, GUFW).
Abra ou desactive un porto para un servizo de rede, dependendo de se quere que as persoas poidan acceder a el ou non. O porto que debe cambiar dependerá do servizo.
Garde ou aplique os cambios, seguindo as instrucións adicionais fornecidas pola ferramenta da devasa.