Portos de rede usados frecuentemente
Esta é unha lista de portos de rede usados normalmente por aplicacións que fornecen servizos de rede, como compartición de ficheiros ou visualización de escritorios remota. Pode cambiar a devasa do seu sistema bloquear ou permitir acceso a estas aplicacións. Hai centos de portos en uso, polo que esta táboa non está completa.
Porto |
Nome |
Descrición |
5353/udp |
mDNS, Avahi |
Permítelle aos sistemas atoparse entre si, e describe que servizos ofrecen, sen ter que especificalo manualmente. |
631/udp |
Impresión |
Permítelle enviar traballos de impresión a unha impresora de rede. |
631/tcp |
Impresión |
Permítelle compartir a súa impresora con outras persoas na rede. |
5298/tcp |
Presenza |
Permítelle anunciar o seu estado na mensaxería instantánea a outros nunha rede, por exemplo «en liña» ou «ocupado». |
5900/tcp |
Escritorio remoto |
Permítelle compartir o seu escritorio para que outras persoas poidan velo ou para unha asistencia remota. |
3689/tcp |
Compartir música (DAAP) |
Permítelle compartir a súa biblioteca de música con outras persoas na súa rede. |