Non podo reproducir as cancións que comprei nunha tenda de música en liña
Se descargou música dunha tenda en liña, é posíbel que non poida reproducila no seu computador, especialmente se a comprou desde un computador Windows ou Mac OS e logo copiouna.
Isto débese a que a música está nun formato que o seu computador non recoñece. Para poder reproducir unha canción debe ter instalado a compatibilidade para o formato de son axeitado, por exemplo, se desexa reproducir un ficheiro MP3, debe instalar a compatibilidade de MP3. Se non ten compatibilidade para un formato de ficheiros concreto, verá unha mensaxe indicándoo cando tente reproducir unha canción. A mensaxe ademais daralle instrucións sobre como instalar a compatibilidade para este formato de forma que poida reproducilo.
Se ten instalada compatibilidade para o formato de son da canción pero aínda así non pode escoitala, a canción podería ter protección fronte a copia (tamén coñecido como restricción DRM). O DRM é unha forma de restrinxir quen pode reproducir unha canción e en que dispositivos pode facelo. A compañía que lle vendeu a canción ten o control de todo isto, non vostede. Se o ficheiro de música ten restricións DRM, probabelmente non poderá reproducila — xeralmente precisa dun software especial do fabricante para reproducir ficheiros restrinxidos por DRM, porén este software normalmente non é compatíbel con Linux.
Pode aprender máis sobre o DRM na Electronic Frontier Foundation.