Usar un teclado en pantalla
Se non ten un teclado conectado ao seu computador ou se prefire non usalo, pode activar o teclado en pantalla para escribir texto.
O teclado en pantalla actívase automaticamente se usa unha pantalla táctil
Abra a vista de Actividades e comece a escribir Accesibilidade.
Prema en Accesibilidade para abrir o panel.
Seleccione a sección Escritura para abrila.
Active Teclado en pantalla.
A seguinte vez que poida escribir, o tecaldo en pantalla aparecerá na parte inferior da pantalla.
Prema o botón ?123 para escribir números e símbolos. Hai máis símbolos dispoñíbeis se preme o botón =/<. Para volver ao teclado alfabético, prema o botón ABC.
Prema o botón para ocultar o teclado temporalmente. O teclado mostrarase de novo automaticamente cando prema en calquera cousa que poida usalo. Nunha pantalla táctil tamén pode mostrar o teclado arrastrando cara arriba desde o bordo inferior.
Prema o botón para cambiar as preferencias de Idioma ou Orixes de entrada.