Preferencias de previsualización do xestor de ficheiros
O xestor de ficheiros crea miniaturas para ver imaxes, vídeos e ficheiros de texto. As vistas previas en miniatura poden ser lentas para ficheiros grandes ou en redes, polo que pode controlar cando se fan as vistas previas. Faga clic no botón de menú na parte superior dereita da xanela, selecciona Preferencias e vai á sección Rendemento.
- Mostrar previsualizacións
Por omisión, as vista previa realízanse Só para os ficheiros locais no seu computador ou nas unidades externas conectadas. Pode estabelecer es funcionalidade a Todos os ficheiros ou Nunca. O xestor de ficheiros pode explorar ficheiros noutros computadores nunha rede local ou en internet. Se explora ficheiros nunha rede local acotío, e a rede ten un ancho de banda grande, pode activar algunhas ou todas as opcións de vistas previas a Todos os ficheiros.
- Contar o número de ficheiros nos cartafoles
-
Se mostra o tamaño dos ficheiros na visualización en lista de columnas ou as lendas das iconas, os cartafoles mostrarán unha conta de cantos ficheiros ou cartafoles conteñen. Contar os elementos dun cartafol pode ser lento, especialmente para cartafoles grandes, ou sobre a rede.
Pode activar ou desactivar esta característica ou activala para os ficheiros no seu computador ou en discos externos locais.