Como comprobo se a xestión de cor funciona correctamente?

Os efectos dun perfil de cor son a veces sutiles e pode que sexan difíciles de ver, se non cambiou moito.

O sistema ven con varios perfiles para probas que explica perfectamente como se aplican os perfiles:

Azul

Isto cambiará a pantalla a azul e probará se as curvas de calibración son enviadas ao dispositivo.

  1. Abra a vista de Actividades e comece a escribir Preferencias.

  2. Prema en Preferencias.

  3. Prema en Cor na barra lateral para abir o panel.

  4. Seelccione os dispositivos para os que quere engadir un perfíl. Pode desexar tomar unha nota do perfíl que está usándose actualmente.

  5. A premer Engadir perfil pode seleccionar un perfíl de proba que debería estar na parte inferior da lista.

  6. Prema Engadir para confirmar a súa selección.

  7. Para volver ao seu perfíl anterior, seleccione a o dispositivo no panel Cor, logo seleccione o perfíl que estaba usando antes de probar o perfíl de proba e prema Activado para usalo de novo.

Usando estes perfiles, pode ver claramente cando unha aplicación admite xestión de cor.