Como asignar perfiles ao dispositivos?

Pode asignar un perfil de cor á pantalla ou impresora para que as cores mostradas sexan máis exactas.

  1. Abra a vista de Actividades e comece a escribir Preferencias.

  2. Prema en Preferencias.

  3. Prema en Cor na barra lateral para abir o panel.

  4. Seleccione o dispositivo ao que quere engadirlle un perfíl.

  5. Prema Engadir perfil para seleccionar un perfil existente ou importar un ficheiro novo.

  6. Prema Engadir para confirmar a súa selección.

  7. Para cambiar o perfil usado, seleccione o perfil que desexa usar e prema Activar para confirmar a súa selección.

Cada dispositivo pode ter asignados varios perfiles, pero só un deles pode ser o perfil predeterminado. O perfil predeterminado úsase cando non hai información adicional que permita elixir o perfil automaticamente. Un exemplo de selección automática sería se se crease un perfil para papel satinado e outro para papel normal.

Se o hardware de calibración está conectado, o botón Calibrar… creará un perfil novo.