Que é a visibilidade de Bluetooth?
A visibilidade de Bluetooth refírese simplemente a se outros dispositivos poden descubrir o seu computador ao buscar dispositivos Bluetooth. Cando Bluetooth está activado e o panel de Bluetooth está aberto, o seu computador informará ao resto de dispositivos que estean ao alcance, permitíndolles que se intenten conectar ao seu computador.
Pode cambiar o nome que o seu computador mostra a outros dispositivos.
Despois de conectarse a un dispositivo, nin o seu computador nin o dispositivo precisan estar visíbeis para comunicarse entre sí.
Os dispositivos sen pantalla adoitan ter un modo de sincronización ao que se pode acceder premendo un botón ou unha combinación de botóns durante un tempo, xa sexa cando xa estean acendidos ou mentres se están acendendo.
A mellor forma de saber como entrar en dito modo é ver o manual do dispositivo. Para algúns dispositivos o procedemento podería ser diferente do normal.