Funcións financeiras
Cando estea no modo financeiro estarán dispoñíbeis os seguintes botóns.
Ctrm |
Calcula o número de períodos compostos necesarios para incrementar un investimento do valor presente a un valor futuro, cun tipo de xuro fixo por período composto. |
Ddb |
Calcula a prestación por depreciación dun activo durante un período específico de tempo, empregando o método de dobre cota sobre o valor en libros. |
Fv |
Calcula o valor futuro dun investimento baseado nunha serie de pagamentos iguais cun tipo de xuro periódico sobre o número de períodos de pagamento do prazo. |
MBB |
Calcula o prezo de revenda dun produto baseándose no custo do produto e na marxe de beneficio bruto. |
Pmt |
Calcula a cantidade de pagamentos periódicos dun préstamo, onde os pagamentos se fan ao final de cada período correspondente. |
Pv |
Calcula o valor presente dun investimento baseado nunha serie de pagamentos iguais descontados cun tipo de xuro periódico sobre o número de períodos de pago de cada prazo. |
Taxa |
Calcula o xuro periódico necesario para incrementar un investimento nun valor futuro, sobre o número de períodos compostos. |
Sln |
Calcula a depreciación lineal dun activo nun período. O método lineal de depreciación divide o custo amortizábel equitativamente sobre a vida útil dun activo. A vida útil é o número de períodos, xeralmente en anos, nos que un activo será amortizado. |
Syd |
Calcula a prestación por depreciación dun activo durante un período específico de tempo, empregando o método de suma dos díxitos dos anos. Este método de depreciación acelera o índice de depreciación, de forma que o maior cargo de depreciación acontece nos primeiros períodos e non nos últimos. A vida útil é o número de períodos, xeralmente en anos, nos que un activo será depreciado. |
Período |
Calcula o número de períodos de pagamento necesarios durante o prazo dunha anualidade ordinaria para acumular un valor futuro cun tipo de xuro periódico. |
Os botóns financeiros non poden activarse co teclado.