Buscar e substituír
O Editor de texto de GNOME permítelle buscar rapidamente en ficheiros de texto grandes por partes de texto específico. A maioría das veces tamén quererá substituír estas partes de texto.
Buscar texto
Active o panel de busca mediante o Menú principal ▸ Buscar/Substituír… ou mediante Ctrl+F.
Engada o seu termo de busca no campo de entrada.
Levarase a cabo a busca mentres escribe. Agora poderá interactuar cos resultados da busca coas teclas ↑ ou ↓ ou cos botóns ao carón da entrada.
Se preme Intro moverá o cursor ao resultado de busca realzado actualmente.
Se preme Escape descartarase o panel de busca e o resultado da busca.
Consellos e trucos de busca
Para buscar rapidamente por unha palabra realce a palabra e prema Ctrl+F. A palabra escribirase automaticamente no campo de busca.
-
A busca pode refinarse con opcións adicionais no menú engranaxe.
Coincidir só a palabra completa
Usar expresións regulares como termos de busca
Respectando a capitalización do termo de busca
Substituír texto
Active o panel de busca usando o Menú principal ▸ Buscar/Substituír… ou actíveo mediante Ctrl+H.
Se abriu o panel de busca mediante o Menú principal debe premer o botón para activar a funcionalidade de substitución.
Engada o seu termo de busca que debería substituirse no campo de busca.
Engada o seu termo de busca no segundo campo de texto.
Levarase a cabo a busca mentres escribe. Agora poderá interactuar cos resultados da busca coas teclas ↑ ou ↓ ou cos botóns ao carón da entrada.
Agora é posíbel substituír só o elemento do resultado da busca actual mediante Substituír ou pode substituír todas as aparicións mediante Substituír todo.