Regras do xogo

O obxectivo en Minas é limpar o campo de minas sen que estoupe ningún dos artefactos.

  1. Comece seleccionando un dos tres taboleiros predeterminados ou seleccione un personalizado.

  2. O xogo comeza co taboleiro cuberto de teselas. Prema nunha para descubrila. Mostrarase:

    • Un número de cor que representa o número de minas nas teselas adxacentes. Isto axuda a deducir onde están as minas para poder marcalas con bandeiras.

    • Unha tesela en branco que significa que non hai minas debaixo de ningunha das teselas adxacentes.

    • Unha mina que estoupará e rematará o xogo.

  3. Repita os pasos anteriores ata que descubra todas as teselas que non teñen minas debaixo delas.

Se completa o xogo con rapidez dabondo, será engadido á lista de puntuacións altas.