Iniciar aplicacións

Mova o punteiro do seu rato á esquina de Actividades na parte superior esquerda da pantalla para mostrar a Vista de actividades. Aquí é onde pode atopar todos as súas aplicacións. Tamén pode abrir a vista premendo a tecla Super.

Hai distintas maneiras de abrir unha aplicación se xa está na vista de actividades:

  • Comece a escribir o nome da aplicación — a busca comezará ao instante. Se isto non acontece, prema na barra de busca na parte superior da pantalla e comece a escribir. Se non sae o nome exacto da aplicación, probe a escribir un termo relacionado. Prema na icona da aplicación para inicialo.

  • Algunha aplicacións teñen iconas no taboleiro, a franxa vertical das iconas no lado esquerdo da vista de Actividades. Prema un deles para iniciar a aplicación correspondente.

    Se ten aplicacións que usa moi frecuentemente, pode engadilas ao taboleiro.

  • Click the grid button at the bottom of the dash. You will see the first page of all installed applications. To see more applications, press the dots on the right, to view other applications. Press on the application to start it.

  • Pode iniciar unha aplicación nunha área de traballo independente arrastrando a icona da aplicación desde o taboleiro (ou desde a lista de aplicacións), e colocándoo nunha das áreas de traballo na parte dereita da pantalla. O aplicación abrirase no área de traballo que seleccione.

    Pode iniciar unha aplicación nunha área de traballo arrastrando a súa icona a un espazo de traballo baleiro na parte inferior do trocador de espazos de traballo ou no pequeno oco entre dous espazos de traballo.

Executar unha orde rapidamente

Outra forma de iniciar unha aplicación é premer Alt+F2, escribir o seu nome de orde, e logo prema Intro.

Por exemplo, para iniciar Rhythmbox, prema Alt+F2 e escriba «rhythmbox» (sen as comiñas). O nome da aplicación é a orde para iniciar o programa.

Use as teclas de frecha para acceder de forma rápida ás ordes executadas anteriormente.