Ancorar as súas aplicacións favoritas ao dash

Para engadir unha aplicación ao dash e poder acceder a el facilmente:

  1. Abra a Vista de actividades premendo Actividades na esquina superior esquerda da pantalla

  2. Prema no botón de grella no panel e busque a aplicación que quere engadir.

  3. Prema co botón dereito sobre a icona da aplicación e seleccione Engadir aos favoritos.

    De forma alternativa, pode arrastrar a icona sobre o panel lateral.

Para eliminar unha icona de aplicación do taboleiro, prema co botón dereito sobre a icona da aplicación e seleccione Quitar de favoritos.