Atallos de teclado útiles

Esta páxina fornécelle unha vista xeral dos atallos de teclado que pode usar no seu escritorio e aplicacións dunha forma eficiente. Se non pode usar un rato ou un dispositivo apuntador, consulte a Disposicións de teclado para obter máis información sobre navegar polas interfaces só co teclado.

Dar unha volta polo escritorio

Alt+F1 ou o

Tecla Super

Cambiar entre a vista xeral de Actividades e o escritorio. Na vista xeral, comece a escribir para buscar instantaneamente as súas aplicacións, contactos e documentos.

Alt+F2

Xanela de ordes emerxentes (para executar ordes de forma rápida)

Use as teclas de frecha para acceder de forma rápida ás ordes executadas anteriormente.

Super+Tab

Trocar entre as xanelas de forma rápida. Manteña a tecla Maiús para facelo en orde inverso.

Super+`

Cambia entre xanelas do mesma aplicación, ou desde a aplicación seleccionado despois de Super+Tab.

Este atallo de teclado usa ` nos teclados estadounidenses, onde a tecla ` está enriba da tecla Tab. En calquera outro teclado, o atallo úsase coa técla Super e a tecla enriba de Tab.

Alt+Esc

Trocar entre as xanelas no espazo de traballo actual. Manteña a tecla Maiús para facelo en orde inverso.

Ctrl+Alt+Tab

Enfocar o teclado na barra superior. Na vista de Actividades, troque o foco do teclado entre a barra superior, taboleiro, vista de xanelas, lista de aplicacións e campo de busca. Use as frechas para moverse.

Super+A

Mostrar a lista de aplicacións.

Super+RePáx

e

Super+Av Páx

Cambiar entre os espazos de traballo.

Maiús+Super+Av Páx

e

Maiús+Super+Av Páx

Mover as xanelas a un espazo de traballo diferente.

Maiús+Super+

Mover a xanela actual ao monitor da esquerda.

Maiús+Super+

Mover a xanela actual ao monitor da dereita.

Ctrl+Alt+Supr

Show the Power Off dialog.

Super+L

Bloquear a pantalla.

Super+V

Mostrar a lista de notificacións. Prema Super+V de novo e Esc para pechar.

Atallos de edición comúns

Ctrl+A

Seleccionar todo o texto ou so elementos nunha lista.

Alt+F2

Corta (elimina) o texto seleccionado ou elementos e ponos no portaretallos.

Alt+F2

Copia o texto seleccionado ou elementos ao portaretallos.

Alt+F2

Pega os contidos desde o portaretallos.

Alt+F2

Desfacer a última acción.

Capturando desde a súa pantalla

Imp Pant

Tomar unha captura de pantalla.

Alt+Imp Pant

Facer un «screencast» dunha xanela.

Maiús+Imp Pant

Facer un «screencast» dunha área da pantalla. O punteiro cambia a un punto de mira. Prema e arrastre para seleccionar un área.

Ctrl+Alt+Maiús+R

Iniciar e deter a gravación dunha captura de pantalla.