Retirar unha conta

Pode eliminar unha conta en liña que non desexa usar.

Algúns servizos en liña fornecen un token de autorización que GNOME almacena no lugar do seu contrasinal. Se eliminou unha conta terá que revocar o certificado no servizo en liña. Isto asegura que ningún outra aplicación ou sitio pode conectarse ao servizo usando a autorización de GNOME.

Como revocar a autorización dependerá do fornecedor do servizo. Comprobe as súas preferencias no sitio do fornecedor para autorizar ou conectar aplicacións ou sitios. Olle por unha aplicación chamado «GNOME» e elimíneo.

  1. Abra a vista de Actividades e comece a escribir Contas en liña.

  2. Prema Contas en liñla para abrir o panel.

  3. Seleccione a conta que quere eliminar.

  4. Prema o botón - na parte inferior esquerda da xanela.

  5. Prema Quitar no diálogo de confirmación.

No lugar de retirar a conta completamente, é posíbel restrinxir os servizos aos que accede o seu escritorio.