Engadir unha conta

Engadir unha conta axudaralle a ligar as súas contas en liña co seu escritorio GNOME. Polo tanto, os seus programas de correo-e, chat e outras aplicacións relacionados estarán configurados.

  1. Abra a vista de Actividades e comece a escribir Contas en liña.

  2. Prema Contas en liñla para abrir o panel.

  3. Seleccione unha conta desde a lista da esquerda.

  4. Seleccione o tipo de conta que quere engadir.

  5. Abrirase unha pequena xanela con unha páxina web que lle permitirá escribir as credenciais da súa conta en liña. Por exemplo, se está configurando unh aconta de Google, escriba o seu usuario e contrasinal de Google. Algúns fornecedores permítenlle crear unha nova conta desde o diálogo de inicio de sesión.

  6. Se escribiu as súas credenciais correctamente preguntaráselle para permitirlle a GNOME acceder ás súas contas en liña. Autorice o acceso para continuar.

  7. Todos os servizos ofrecidos por un fornecedor de contas estarán activos por omisión, Desactíveos de forma individual.

Despois de engadir as contas, as aplicacións poden usalas para os servizos que permitiu. Vexa Controle que servizos en liña dunha conta poden usarse para acceder para obter máis información sobre como controlar o acceso aos servizos.

Algúns servizos en liña fornecen un token de autorización que GNOME almacena no lugar do seu contrasinal. Se eliminou unha conta terá que revocar o certificado no servizo en liña. Vexa Retirar unha conta para obter máis información.