Recortar

A característica de recortado permítelle usar só unha parte da imaxe escaneada. Pode activar o recortado antes ou despois de escanear unha páxina e sempre pode cambiar as dimensións do marco de recorte. Cando o recortado está activado, unha aparecerá unha máscara sobre a páxina actual co área non usada en cor gris. Pode activar o recortado e seleccionar as dimensións desexadas por un dos métodos seguintes:

Usar clic dereito

  1. Faga clic dereito en calquera sitio da páxina.

  2. Seleccione Recortar.

  3. Seleccione un dos marcos de recorte fixo ou seleccione «Personalizar» para estabelecer manualmente as dimensións do marco de recorte arrastrando os seus bordos.

  4. Prema e manteña o marco e móvao á posición desexada.

  5. Arrastre os bordos do marco para estabelecer as dimensións desexadas.

Usar a barra de ferramentas

  1. Prema no botón Recortar a páxina seleccionada na barra de ferramentas.

    Isto é igual a seleccionar «Personalizar» no 2º paso dos métodos mencionados.

  2. Prema e manteña o marco e móvao á posición desexada.

  3. Arrastre os bordos do marco para estabelecer as dimensións desexadas.

Cada nova páxina escaneada usará o recortado anterior.