Benvida a GNOME 3.14

3.14 é a última publicación de GNOME, resultado de seis meses de traballo do proxecto GNOME. Esta publicación inclúe novas características e unha gran cantidade de melloras pequenas. Esta publicación contén 28859 cambios feitos por cando menos 871 persoas. Entre as novas características e melloras introducidos en GNOME 3.14 están:

«Tempo» redeseñado

O aplicativo de tempo de GNOME foi redeseñado para 3.14. A nova versión fai uso do novo marco de traballo de xeolocalización de GNOME, o cal amosaralle automaticamente o tempo dada a súa localización actual. A nova disposición fornece unha forma efectiva de ler as predicións de tempo. Desta forma, creouse unha forma máis rápida e conveniente de comprobar o prognóstico.

Xestión de portais cautivos

GNOME 3.14 conta cunha xestión de puntos de acceso Wifi mellorada. Ao conectarse a un portal Wifi que require autenticación, GNOME amosaralle automaticamente a páxina de inicio como parte do proceso de conexión. Isto asegúralle que sempre saberá cando está conectado e axúdalle a configuralos da forma máis rápida posíbel.

Contas en liña para «Fotos»

Agora «Fotos» en 3.14 pode acceder a novas orixes de fotos en liña, ao engadir a compatibilidade con Google e servidores multimedia. Isto significa que pode ver de forma doada fotos de Google que foron subidas mediante Picasa, Google+ ou mediante dispositivos Android. As contas de servidores multimeda fornecen acceso a servidores multimedia domésticos, mediante DLNA.

Ámbalas dúas orixes en liña poden engadirse usando Contas en liña.

Xestos multitáctiles

Agora pode usar xestos multitáctiles en pantallas táctiles para a navegación no sistema así como en aplicativos. Pode usar un xesto para abrir a Vista de actividades, a vista de aplicativos e a bandexa de mensaxes. E tamén pode usar un para cambiar de aplicativo ou de espazo de traballo. Vexa a páxina de xestos para obter unha lista destes xestos do sistema.

Algúns aplicativos xa foron actualizados en GNOME 3.14 para facer uso dos xestos: en Evince, pode ampliar e cambiar de documento cun xesto, e Ollo de GNOME permítelle ampliar, rotar e posicionar. Agardamos que máis aplicativos comecen a usar estes xestos táctiles no futuro.

Compartición baseada en rede

Personal File Sharing (WebDAV), Media Sharing (DLNA) and Screen Sharing (VNC) will now remember which network you want them to be active on, and Settings provides the ability to control which networks to share on. This provides an important privacy function, and prevents sharing content and services in public places (such as your local internet cafe).

Evince modernizado

3.14 inclúe un Evince redeseñado. A nova versión do visor de documentos usa unha barra de cabeceira para darlle máis espazo para os seus documentos. Cando se inicia sen un documento especificado, Evince mostrará unha vista xeral dos seus documentos recentes.

A última versión de Evince tamén inclúe compatibilidade para pantallas de alta resolución e accesibilidade mellorada, con todas as ligazóns, imaxes e os campos de formulario apoiadas por tecnoloxías de asistencia.

Obter GNOME 3.14

O software de GNOME é Software libre: todo o seu código fonte está dispoñíbel para descargar e pode modificalo e redistribuílo libremente. Para instalalo, recomendámoslle que agarde os paquetes oficiais fornecidos polo seu fabricante ou distribución. As distribucións importantes contarán con GNOME 3.14 moi pronto e algunhas versións de desenvolvemento xa contan coa nova publicación de GNOME.

Sobre GNOME

O proxecto GNOME é unha comunidade internacional apoidada por unha fundación sen ánimo de lucro. Estamos enfocados nunha experiencia de usuario excelente e unha internacionalización e accesibilidade de primeira clase. GNOME é un proxecto aberto e libre: se quere unirse a nós, pode facelo.