Outras características de GNOME 3.14

A última publicación de GNOME inclúe moitas novas características e melloras.

«Caixas» agora máis completo

3.14 é unha importante publicación para «Caixas», o aplicativo de GNOME para os equipos virtuais e remotos. Introduce copias en quente, os cales permítenlle gardar unha máquina virtual en calquera punto no tempo e volver a el máis tarde. Isto é útil para volver a un estado de traballo coñecido. Tamén se incluiron algunhas outras melloras:

  • Descarga automática: déalle o enderezo a «Caixas» da imaxe de instalación e el descargaráa e instalaráa por vostede.

  • Pode executar varias caixas á vez na súa propia xanela separada.

  • Instalación rápida de Debian.

  • Melloras na interface de usuario, incluíndo un comportamewnto en pantalla completa mellorado e capturas de pantalla máis vistosas.

Novas animacións

Nesta publicación engadíronse novas animacións á Vista de actividades, creando unha experiencia máis suave e máis atractiva. Tamén se melloraron as animacións das xanelas, con novas transicións ao abrir, pechar e minimizar xanelas.

«Software» continúa mellorando

A nova habilidade de GNOME para explorar e instalar aplicativos estivo facendo grandes progresos nas publicacións recentes, e 3.14 non é unha excepción. A páxina principal, que mostra aplicativos destacados e recomendados, foi mellorado con unha distribución mellorada, máis contido e valoracións. Ademáis, os engadidos de aplicativos poden instalarse e quitarse directamente desde Software, e moitos máis aplicativos contan con capturas de pantalla e descricións, facendo máis doado escoller o aplicativo axeitado para vostede.

Tema visual retraballado

Púxose unha gran atención aos pequenos detalles en GNOME 3.14. O tema visual usado polos aplicativos foi revisado por completo, recollendo moitas melloras sutís. Os diálogos de mensaxes foron mellorados significativamente, as barras de progreso teñen unha aparencia nova e máis compacta, os «spinners», os menús e os trocadores tamén teñen un novo deseño. Ademáis engadíronse transicións animadas a moitos controis.

Nova cara para os Xogos

Os xogos de GNOME continuaron a súa modernización nesta publicación. Minas e Sudoku foron redeseñados, e teñen unhas interfaces de usuario melloradas e gráficos novos. Un novo xogo de números chamado Hitori fai o seu debut en 3.14.

Axuda racionalizada

Axuda, o explorador de documentación de GNOME, conta cunha actualización importante para 3.14. Redeseñado para ser consistente con outros aplicativos de GNOME 3, agora é moito máis compacto e racionalizado. O novo aplicativo usa barras de cabeceira para aforrar espazo, ten unha función de busca integrada, unha caixa de busca moderna e superposta e unha nova interface de marcadores.

Aínda máis

Hai moitas outras melloras pequenas en GNOME 3.14. Estas inclúen:

  • Mapas conta con unha nova característica de planificación de rutas en 3.14. Implementada usando a biblioteca open source GraphHopper, isto permítelle planear viaxes a pé, bicicleta ou coche. É posíbel engadir puntos intermedios na ruta deseñada, e tamén poderá mostrar a ruta como un conxunto de instrucións doadas.

  • A busca do sistema fíxose aínda máis útil xa que se engadiron novos fornecedores de busca desde a Calculadora e Reloxos. Isto permítelle buscar a hora dunha cidade e levar a cabo operacións directamente desde a caixa de busca.

  • Ao usar varios monitores, GNOME 3 agora lembrará en que pantalla estaba cada xanela e volverá ao seu lugar orixinal cando os monitores se desconecten e conecten. Isto é particularmente útil para os portátiles con estacións de ancoraxe.

  • Abrir documentos foi mellorado en gedit, con un novo menú emerxente que lle permite buscar de forma rápida documentos recentes. A última versión de gedit tamén inclúe un conxunto de melloras máis pequenas, ademais dun novo menú na barra de cabeceira e novos atallos de teclado e mnemónicos.

  • O marco de traballo de xeolocalización de GNOME foi mellorado para usar o servizo de localización de Mozilla para o posicionamento baseado en 3G e na rede. Isto mellora a precisión de forma importante, a cal continuará mellorando no futuro.

  • Contactos obtivo unha gran mellora na interface de usuario para 3.14. A creación de contactos agora prodúcese no lugar en que se require, en vez de empregar un diálogo e o asistente de inicio tamén foi mellorado. Algúns diálogos foron mellorados para coincidir coas directrices de deseño de GNOME 3.

  • Música obtivo a importante e potente funcionalidade de busca, que lle permite buscar música local ou de orixes en liña, como Magnatunes e Jamendo. Con 3.14, tamén é posíbel crear as súas propias listas de reprodución de música.