Benvido a GNOME 3.12

3.12 é a última versióne GNOME, e é o resultado de seis meses de traballo por parte do Proxecto GNOME. Inclúe características novas e un gran numero de pequenas correccións e melloras. Esta publicación contén 34236 cambios feitos por aproximadamente 1140 persoas. As melloras e características introducidas en GNOME 3.12 inclúen:

Software creceu

Software, o novo aplicativo de GNOME, foi introducido fai seis meses na versión 3.10. Desde ese momento creceu considerabelmente. Mellorouse o rendemento, polo que as operacións comúns como explorar, buscar e instalar agora son máis rápidas. A nova versión tamén inclúe unha longa lista de novas características, entre as que se inclúen:

  • Capturas de pantalla dos aplicativos, para que sexa máis doado decidir se quere instalalas. A maioría dos aplicativos teñen capturas, e cada día da engádense novas capturas.

  • A valoración automática dos aplicativos indica a súa calidade a axúdalle a escoller os mellores.

  • A posibilidade de instalar paquetes de software individuais, como os que poida ter descargado.

  • Pódense instalar os paquetes que conteñen repositorios de software, e agora vostede poderá revisar e retirar repositorios de terceiros que estan en uso.

Mellorouse a comprobación e instalación de actualizacións de software en 3.12. Agora é posíbel elixir se quere apagar o computador despois de instalalas, e tamén pode instalar as actualizacións desde o botón de apagado do sistema. Software tamén indica cando se fixo a última comprobación, e permítelle comprobar manualmente se hai actualizacións.

Todo o novo en Vídeos

GNOME 3.12 inclúe un aplicativo de Vídeos reinventado. Con un estilo moderno, a nova versión permítelle explorar os vídeos do seu computador, así como vídeos en canles en liña. Os canels que esta publicación inclúe Rai.tv, o canle The Guardian Videos, Blip.tv e Trailers de filmes de Apple. Os desenvolvedore poden engadir os seus propios canles de vídeo, e agardamos que a lista de canles creza no futuro. Ademais, a integración co popular servizo Pocket fornece unha forma rápida de ver vídeos que gardara para ver máis tarde.

Vídeos tamén inclúe unha vista de reprodución redeseñada. Isto fornece unha experiencia máis simplificada que a versión anterior: os controis de reprodución flotantes ocúltanse cando non os precisa, polo que nada se interpón durante a reprodución, e o modo a pantalla completa tamén ten unha vista máis refinada.

Unha nova cara para gedit

O editor de texto gedit tivo unha actualización importante nesta publicación. O novo deseño incorpora todas as características do anterior gedit nunha interface máis compacta, a cal lle fornece un maior espazo para o seu traballo. O uso de xanelas emerxentes para seleccionar o formato do documento e a anchura das lapelas é máis eficiente que o anterior uso de diálogos e menús, e os controis integrados na barra lateral tamén dan máis espazo para o contido mantendo a funcionalidade orixinal.

Entre outras das melloras a destacar están os novos atallos para abrir a última lapela pechada, usando Ctrl+Shift+T e para cambiar entre maiúsculas e minúsculas.

Arredondando as cousas

Para 3.12 traballouse cos usuarios para pulir a experiencia de GNOME 3. O esforzo en completar funcionalidades solicitadas tivo como resultado un gran número de cambios, incluíndo o engadido de rede con fíos no área do estado do sistema e a creación de cartafoles de aplicativos configurábeis polo usuario. Moitas das melloras na experiencia de actualización de software tamén chegaron logo da conversa cos usuarios.

Esta publicación tamén inclúe pequenos cambios que resultaron nunha experiencia moito máis pulida e de alta calidade. Agora móstranse os diálogos na Vista de actividades. O tema visual e iconas tiveron pequenos cambios, as animacións foro refinadas para que sexan máis sutís e informativas, e as lapelas e moitos diálogos foron redeseñados para dar unha aparencia máis consistente e bonita. 3.12 tamén contén un gran número de melloras de rendemento entre as que destacamos un arrinque máis rápido e un menor uso de memoria.

Mellorada a compatibilidade con pantallas de alta resolución

A compatibilidade con pantallas de alta resolución foi engadida por primeira vez en 3.10. Isto fornece compatibilidade para pantallas de alta resolución en gran parte de GNOME 3. Desde entón, esta característica foi estendida para incluir todos os aspectos da experiencia principal de GNOME 3, incluíndo a Vista de actividades, a barra superior, a pantalla de bloqueo e os diálogos de sistema.

Crear os seus propios cartafoles de aplicativos

Os cartafoles de aplicativos son unha nova forma de organizar os seus aplicativos en GNOME 3. Fan posíbel que poida personalizar a súa configuración e facer máis doado atopar os aplicativos que lle interesan. GNOME 3 incluíu varios cartafoles de aplicativos predeterminados no pasado, os cales contiñan os elementos Utilidades, Varios. Con 3.12 agora pode crear os seus propios cartafoles na Vista de actividades. Os controis para isto poden atoparse no aplicativo Software: simplemente vaia á vista Instalados, seleccione algúns aplicativos e escolla a que cartafol quere que pertenzan.

Obter GNOME 3.12

Software de GNOME é Software Libre: todo o noso código está dispoñíbel para descargar e pode modificarse e redistribuírse de balde. Para instalalo recomendámoslle que agarde a que o seu fabricante ou distribución forneza os paquetes oficiais. As distribucións populares terán á súa disposición GNOME 3.12 moi pronto e algunhas delas xa teñen versións de desenvolvemento que inclúen a nova publicación de GNOME.

Sobre GNOME

O Proxecto GNOME é unha comunidade internacional coa asistencia dunha Fundación sen ánimo de lucro. Estamos enfocados nunha experiencia de usuario excelente e internalionalización e accesibilidade de primeira clase. GNOME é un proxecto libre e aberto: se quere unirse, pode facelo.