Buscar unha xanela perdida

Unha xanela en diferentes espazos de traballo, ou agochada embaixo doutra xanela pode atoparse de forma moi doada na vista xeral de Actividades:

  • Abra a vista de Actividades. Se a xanela que falta está no espazo de traballo actual, mostrarase aquí como unha miniatura. Para mostrala de novo simplemente prema a xanela, ou

  • Prema en diferentes áreas de traballo no selector de áreas de traballo para tentar atopar a súa xanela, ou

  • Prema co botón dereito a aplicación no panel e mostraranse as súas xanelas abertas. Prema a xanela na lista para cambiar a ela.

Usar o trocador de xanelas:

  • Prema Super+Tab para mostrar o selector de xanelas. Manteña premida a tecla Super e prema Tab para cambiar entre as xanelas abertas, ou prema Maiús+Tab para cambiar cara atrás.

  • Se a súa aplicación ten múltiples xanelas aberas, manteña premida a tecla Super e prema ` (ou a tecla enriba de Tabulador) para ir á seguinte.