Cancelar, pausar ou liberar un traballo de impresión

Pode cancelar un traballo de impresión pendente e eliminalo da cola nas preferencias de impresión.

Cancelar un traballo de impresión

Se accidentalmente empeza a imprimir un documento, pode cancelar a impresión de forma rápida para non gastar a tinta ou o papel.

Como cancelar un traballo de impresión:

  1. Abra a vista de Actividades e comece a escribir Impresoras.

  2. Prema Impresoras para abrir o panel.

  3. Prema o botón ao carón da impresora que mostra o número de xogos.

  4. Cancele o traballo de impresión premendo no botón de parar.

Se isto non cancela o traballo de impresión como esperaba, tente manter premido o botón cancelar da súa impresora.

Como último recurso, especialmente se ten un traballo de impresión grande con moitas páxinas que non se cancela, retire o papel da bandexa de papel da impresora. A impresora debería darse conta de que non hai papel e deixará de imprimir. A continuación, pode tratar de cancelar o traballo de impresión, ou tentar apagar a impresora e volver a acendela.

Porén, teña coidado de non danar a impresora ao retirar o papel. Se tivese que tirar con forza do papel para eliminalo, probabelmente debería deixalo onde está.

Cancelar e retomar un traballo de impresión

Se quere pausar e retomar un traballo de impresión, pode facelo indo ao diálogo de traballos nas preferencias de impresión e premer o botón axeitado.

  1. Abra a vista de Actividades e comece a escribir Impresoras.

  2. Prema Impresoras para abrir o panel.

  3. Prema o botón ao carón da impresora que mostra o número de xogos.

  4. Pause ou libere o traballo de impresión premendo no botón correspondente.