Pode funcionar o meu equipo co suministro de enerxía de outro país?

Distintos países usan fontes de enerxía de diferentes voltaxes (normalmente 110V ou 220-240V) e distintas frecuencias de AC (normalmente 50 Hz ou 60 Hz). O seu computador debería funcionar con unha fonte de enerxía nun país distinto mentres teña o adaptador de enerxía axeitado. Tamén terá que cambiar o enchufe.

Se ten un portátil, todo o que precisa facer é conseguir o enchufe correcto para o seu adaptador. Algúns portátiles veñen con máis dun enchufe no seu empaquetado, polo que poida que xa teña o correcto. Se non é así, conecte o seu adaptador actual nun adaptador de viaxe estándar.

Se ten un computador de escritorio, tamén pode obter un cable con un enchufe diferente, ou usar un adaptador de viaxe. Porén, neste caso podería ter que cambiar o interruptor de voltaxe na fonte de enerxía do seu computador, se hai algún. Algúns computadores non teñen un interruptor como este, e poden traballar sen problemas con calquera voltaxe. Busque na parte traseira do seu portátil para atopar onde se conecta o enchufe con outro voltaxe. Preto de aí, debería haber un interruptor marcado con «110V» ou «230V» (por exemplo). Ese é o interruptor que precisa.

Teña coidado ao cambiar os cabos de alimentación ou ao usar adaptadores de viaxe. Se é posíbel, apague todo primeiro.