Non teño conexión sen fíos á rede cando desperto o meu computador
Se suspendeu o seu computador pode atopar que non funciona a súa conexión a internet ao restauralo. Isto prodúcese cando o controlador para o dispositivo sen fíos non é completamente compatíbel con certas características de xestión de enerxía. Normalmente, as conexións sen fíos fallan ao acender ao restaurar o seu computador.
Se sucede isto de novo, tente apagar a súa tarxeta sen fíos e volvela a acender:
Abra a vista de Actividades e comece a escribir Wifi.
Prema Wifi para abrir o panel.
Troque o botón de WiFi na xanela superior dereita a apagar e acender de novo.
Se a rede sen fíos segue sen funcionar, active o Modo avión e desactíveo de novo.
Se isto non funciona, reiniciar o ordenador debería facer que a Wireless funcione de novo. Se aínda ten problemas despois diso, conecte a Internet usando un cable Ethernet e actualice o ordenador.