Sacar o máximo partido da batería do seu portátil
A medida que se usan as baterías dos portátiles empeora a súa capacidade de carga reducíndose gradualmente. Existen algunhas técnicas que pode usar para prolongar a súa vida útil, aínda que non agarde unha diferenza moi grande.
Non deixe que a batería se descargue de todo. Recargue sempre antes de que a batería estea moi baixa, aínda que a maioría das baterías teñen circuítos de control incluídos para previr que a batería se descargue moito. A recarga de baterías parcialmente descargadas é máis eficiente, aínda que a recarga de baterías que están bastante cargadas podería danar a batería.
O calor ten un efecto negativo na eficiencia da carga da batería. Non deixe que a batería se quente máis do debido.
As baterías envellecen aínda cando as almacena. Hai moi pouca vantaxe en mercar unha batería de substitución á vez que ten a batería orixinal - só merque substitutos cando os precise.
Este consello aplícase especificamente para as baterías de Ion litio (Li-Ion), o tipo máis usual. Aínda que outros tipos tamén se poden beneficiar deste tratamento diferente.