Resolución de problemas en redes sen fíos
Asegúrese que ten instalados os controladores do dispositivo que funcionan
Neste paso pode comprobar se pode obter os controladores de dispositivo correctos para o seu adaptador sen fíos. Un controlador de dispositivo é un software que lle di ao computador como facer que un dispositivo hardware funcione correctamente. Aínda que un adaptador sen fíos fora recoñecido polo seu computador, podería non ter os controladores para facer que funcione ben. Podería buscar uns controladores distintos para o adaptador de rede sen fíos que o fagan funcionar. Tente algunha das opcións de embaixo:
-
Comprobe que o seu adaptador sen fíos está na lista de dispositivos compatíbeis.
Algunhas ditribucións de Linux manteñen unha lista dos dispositivos sen fíos cos que son compatíbeis. Algunhas veces, esta lista fornece información adicional sobre como facer que funcionen correctamente os controladores para certos adaptadores. Vaia á lista da súa distribución (por exemplo, Ubuntu, Arch, Fedora ou openSuSE) e vexa se o seu modelo e fabricante do adaptador sen fíos está na lista. Tamén pode usar algunha da información que alí hai para facer funcionar o seu controlador sen fíos.
-
Buscar controladores restrinxidos (binarios).
Algunhas distribucións Linux só veñen cos controladores de dispositivos que son libres e open source. Isto é porque no poden distribuír controladores que son privativos, ou de fontes pechadas. Se o controlador axeitado para o seu adaptador sen fíos só está dispoñibel como unha versión «só binaria», podería non estar instalado por omisión. Se este é o caso, vexa o sitio web do fabricante do adaptador sen fíos para ver se hai controladores Linux.
Algunhas distribucións Linux teñen unha ferramenta que pode descargar controldaores restrinxidos por vostede. Se a súa distribución ten unha desas ferramentas, úsea para ver se pode atopar calquera controlador sen fíos.
-
Use os controladores de Windows para o seu adaptador.
En xeral, só pode usar un controlador de dispositivo deseñado para un sistema operativo (por exemplo Windows) noutro sistema operativo (como Linux). Isto é porque teñen diferentes formas de xestionar os dispositivos. Para os adaptadores sen fíos, porén, pode instalar unha capa de compatibilidade chamada NDISwrapper que lle permite usar algúns controladores de Windows en Linux. Isto é útil porque os adaptadores sen fíos teñen sempre un controlador dispoñíbel para Windows, mentres que para Linux non sempre están dispoñíbeis. Pode saber máis sobre como usar NDISwrapper aquí. Teña en conta que non todos os controladores sen fíos poden usarse con NDISwrapper.
Se ningunha destas opcións funciona, podería probar un adaptador de rede sen fíos distinto para ver se pode facelo funcionar. Os adaptadores de rede sen fíos USB son normalmente bastante baratos, e pode conectalos a calquera computador. Debe comprobar que adaptador é compatíbel coa súa distribución de Linux antes de mercalo.