Configuracións do sistema
Cal é o meu proxy?
Un proxy web filtra os sitios web que mira, recibe solicitudes do seu navegador web para buscar páxinas web e os seus elementos e, seguindo unha política, decidirá devolvelos. Utilízanse habitualmente nas empresas e nos puntos de acceso sen fíos públicos para controlar que sitios web podes mirar, evitar que acceda a Internet sen iniciar sesión ou para facer comprobacións de seguridade nos sitios web.
Cambiar a súa hora do sistema
Abra a vista de Actividades e comece a escribir Rede.
Prema en Rede para abrir o panel.
Seleccione Proxi de rede desde a lista da esquerda.
-
Seleccione o tipo de proxy que quere usar de entre os seguintes:
- Ningún
As aplicacións usarán unha conexión directa para obter o contido do web.
- Manual
Para cada protocolo que use un proxy, defina o enderezo dun proxy e o porto. Os protocolos son HTTP, HTTPS, FTP e SOCKS.
- Automático (DHCP)
Un URL apunta a un recurso, que contén a configuración axeitada para o seu sistema.
As aplicacións que usan a conexión a internet usarán as súas preferencias de proxy especificadas.