Que é un enderezo MAC?
Un Enderezo MAC é un identificador único que lle asignan os fabricantes a un hardware de rede (como unha tarxeta sen fíos ou unha tarxeta ethernet). MAC significa Media Access Control, e cada identificador está pensado para que sexa único para un dispositivo en particular.
Un enderezo MAC consiste en seis conxuntos de dous caracteres, cada un deles separados por dous puntos. 00:1B:44:11:3A:B7 é un exemplo dun enderezo MAC.
Pode identificar de maneira sinxela o enderezo MAC do seu propio hardware de rede:
Abra a vista de Actividades e comece a escribir Rede para redes con fíos ou Wifi para redes sen fíos.
Prema en Rede ou Wifi para abrir o panel.
Prema o botón
localizado ao carón da conexión activa.
O seu enderezo MAC para o dispositivo mostrarase como o Enderezo hardware no panel de Detalles.
Na práctica, podería necesitar modificar ou «suplantar» o enderezo MAC. Por exemplo, algúns fornecedores de servizos de internet requiren o uso dun enderezo MAC específico para acceder ao seu servizo. Se a súa tarxeta de rede non funciona e debe substituíla por unha nova, o servizo non funcionará de novo. Nese caso, debe suplantar o enderezo MAC.