Axustar a velocidade do dobre clic

A dobre pulsación só se produce cando preme o botón do rato dúas veces o bastante rápido. Se se tarda moito en premer a segunda vez, obterá dúas pulsacións separadas, non unha dobre pulsación. Se ten dificultades en premer o rato tan rápido debe incrementar o tempo de espera.

  1. Abra a vista de Actividades e comece a escribir Accesibilidade.

  2. Prema en Accesibilidade para abrir o panel.

  3. Seleccione a sección Apuntar e premer para abrila.

  4. Axuste o desprazador de Dupla pulsación ao valor no que se sinta cómodo.

Se o seu rato fai unha dobre pulsación cando vostede quere facer unha sola pulsación, aínda que incrementara o tempo de espera da pulsación dobre, é posíbel que estea defectuoso. Probe a conectar outro computador e vexa se funciona correctamente. Ou tamén, conecte o seu rato noutro computador distinto e comprobe se o problema persiste.

Este axuste afectará tanto ao seu rato como a súa área táctil, así como a calquera outro dispositivo apuntador.