Xestionar a pulsación de teclas repetidas
Por omisión, se mantén premida unha tecla no teclado, a letra ou símbolo repetirase até que solte a tecla. Se ten dificultades para retirar o seu dedo o bastante rápido, pode desactivar esta característica ou cambiar o tempo que tardan os caracteres en comezar a repetirse, ou como de rápido se repite unha tecla.
Abra a vista de Actividades e comece a escribir Accesibilidade.
Prema en Accesibilidade para abrir o panel.
Seleccione a sección Escritura para abrila.
-
Na sección Asistencia de escritura, active Repetición de teclas.
Alternativamente, axuste o deslizador Retardo para controlar canto ten que mantén premida unha tecla até que se comece a repetir e axuste a Velocidade para controlar como de rápido se repiten as pulsacións de teclas.