Reparar un sistema de ficheiros danado
Os sistemas de ficheiros poden corromperse debido á perda de enerxía, fallos do sistema ou eliminación de dispositivos non seguras. Despois de ditos incidentes é recomendábel reparalos ou cando menos facer unha comprobación do sistema de ficheiros para evitar unha perda de datos futura.
A veces requírese unha reparación para montar ou modificar un sistema de ficheiros. Incluso se a comprobación non informe de calquera dano no sistema de ficheiros podería marcarse internamente como «sucio» e requirir unha reparación.
Comprobar se un sistema de ficheiros está danado
Abra Discos desde a vista de Actividades.
Seleccione o disco que contén o sistema de ficheiros desde a lista de dispositivos de almacenamento á esquerda. Se non hai máis de un volume no disco, seleccione o volume que contén o sistema de ficheiros.
Na barra de ferramentas debaixo da sección de Volumes, prema no botón de menú. Logo prema Comprobar sistema de ficheiros….
-
Dependendo de cantos datos se gardan no sistema de ficheiros unha comprobación pode levar unha boa miga. Confirme o inicio da acción no diálogo emerxente.
A acción non modificará o sistema de ficheiros pero desmontarao se é preciso. Teña paciencia mentres se comproba o sistema de ficheiros.
Despois de que se complete notificaráselle se o sistema de ficheiros está danado. Teña en conta que nalgúns casos incluso se o sistema de ficheiro non está danado é preciso facer unha reparación para retabelecer o marcador interno de «sucio».
Posíbel perda de datos na reparación
Se a estrutura do sistema de ficheiros está danada, pode afectar aos ficheiros almacenados nel. Nalgúns casos, estes ficheiros non poden volver a ser válidos e eliminaranse ou moveranse a un directorio especial. Normalmente é o cartafol lost+found no directorio de nivel superior do sistema de ficheiros onde se poden atopar estas partes de ficheiros recuperados.
Se os datos son demasiado valiosos para perderse durante este proceso, recoméndase que faga unha copia de seguridade gardando unha imaxe do volume antes de reparalos.
Esta imaxe pódese procesar con ferramentas de análise forense como sleuthkit para recuperar aínda máis os ficheiros e as partes de datos que faltan que non se restauraron durante a reparación, e tamén os ficheiros eliminados anteriormente.
Arranxar un sistema de ficheiros
Abra Discos desde a vista de Actividades.
Seleccione o disco que contén o sistema de ficheiros desde a lista de dispositivos de almacenamento á esquerda. Se non hai máis de un volume no disco, seleccione o volume que contén o sistema de ficheiros.
Na barra de ferramentas debaixo da sección Volumes, prema o botón de menú. Logo prema Reparar sistema de ficheiros….
-
Dependendo de cantos datos se gardan no sistema de ficheiros unha reparación pode levar unha boa miga. Confirme o inicio da acción no diálogo emerxente.
A acción desmontará o sistema de ficheiros se é preciso. A acción de reparación tentará levar ao sistema de ficheiros a un estado consistente e move ficheiros que foron danados a un cartafol especial. Sexa paciente mentres o sistema de ficheiros se repara.
-
Despois do completado notificado se o sistema de ficheiros foi reparado con éxito. En caso de éxito poderá usalo de novo de forma normal.
Se non se puido reparar o sistema de ficheiros, faga unha copia de seguranza gardando unha imaxe do volume para poder recuperar ficheiros importantes máis tarde. Isto pode facelo montando a imaxe en modo só lectura e usando ferramentas de análise forense como sleuthkit.
Para usar o volume de novo debe formatalo con un novo sistema de ficheiros. Perderanse todos os datos.