Como calibrar a cámara?

Os dispositivos de cámara son calibrados tomando unha fotografía dun obxectivo nas condicións de iluminación desexadas. Ao converter o ficheiro RAW nun ficheiro TIFF, pódese usar para calibrar o dispositivo da cámara no panel Cor.

Debe recortar o ficheiro TIFF para que só se vexa o obxectivo. Asegúrese de que os bordos brancos e negros aínda se ven. O calibrado non funcionará se a imaxe está do revés ou moi distorsionada.

O perfil resultante só é válido baixo as condicións de lus nas que se obtivo a imaxe orixinal. Isto significa que pode precisar perfilar varias veces para condicións de lus de estudio, lus solar brillante e nubrado.