Se ten máis dunha impresora dispoñíbel, pode seleccionar a que será a súa impresora predeterminada. É posíbel que queira elixir a impresora que usa con máis frecuencia.
Necesita privilexios de administrador do sistema para estabelecer a impresora predeterminada.
Abra a vista de Actividades e comece a escribir Impresoras.
Prema Impresoras.
Seleccione a impresora predeterminada da lista de impresoras dispoñíbeis.
Prema Desbloquear na esquina superior dereita e escriba o seu contrasinal cando se lle pregunte.
Seleccione a caixa de verificación Impresora por omisión.
Ao imprimir nunha aplicación, a impresora predeterminada emprégase automaticamente, a non ser que elixa unha impresora diferente.
Got a comment? Spotted an error? Found the instructions unclear? Send feedback about this page.