Pode cambiar o nome e localización dunha impresora nas preferencias de impresión.
Necesita privilexios de administrador do sistema para cambiar o nome ou localización dunha impresora.
Se quere cambiar o nome dunha impresora, siga os seguintes pasos:
Abra a vista de Actividades e comece a escribir Impresoras.
Prema Impresoras para abrir o panel.
Prema Desbloquear na esquina superior dereita e escriba o seu contrasinal cando se lle pregunte.
Ao premer no nome da impresora, comece a escribir un novo nome para a impresora.
Prema Intro para gardar os cambios.
Para cambiar a localización da súa impresora:
Abra a vista de Actividades e comece a escribir Impresoras.
Prema Impresoras para abrir o panel.
Prema Desbloquear na esquina superior dereita e escriba o seu contrasinal cando se lle pregunte.
Ao premer na localización comece a edición da mesma.
Prema Intro para gardar os cambios.
Got a comment? Spotted an error? Found the instructions unclear? Send feedback about this page.