Que é GNOME Clásico?

GNOME Clásico é unha característica para os usuarios que prefiren unha experiencia de escritorio máis tradicional. Aínda que que GNOME Clásico basease nas tecnoloxías de GNOME 3, fornece un gran número de cambios na interface, como os menús Aplicacións e Lugares na barra superior e unha lista de xanelas na parte inferior da pantalla.

Pode usar o menú Aplicacións na barra superior para iniciar aplicacións. A vista de actividades está dispoñíbel seleccionando o elemento Vista de actividades desde o menú.

Para acceder á vista de Actividades, tamén pode premer a tecla Super.

Lista de xanelas

A lista de xanelas na parte inferior da pantalla fornece acceso a todas as xanelas e aplicacións abertos e permítelle minimizar e restauralos de forma rápida.

Na parte dereita da lista de xanelas, GNOME mostra un identificador curto para o espazo de traballo actual, como un 1 para o primeiro (superior) espazo de traballo. Ademais, o identificador tamén mostra o número total de espazos de traballo. Para cambiar a un espazo de traballo diferente, prema no identificador e seleccione o espazo de traballo que quere usar desde o menú.

Cambiar a ou desde GNOME Clásico

GNOME Clásico só está dispoñíbel en sistemas que teñen instaladas certas extensións de GNOME Shell. Algunhas distribucións Linux poderían non telas dispoñíbeis ou instaladas por omisión.

Para cambiar de GNOME a GNOME Clásico:

  1. Save any open work, and then log out. Click the system menu on the right side of the top bar and then choose the right option.

  2. Aparecerá unha mensaxe de confirmación. Seleccione Saír da sesión para confirmar.

  3. Na pantalla de inicio de sesión, seleccione o seu nome de usuario da lista.

  4. Escriba o seu contrasinal na caixa de entrada de contrasinal.

  5. Prema a icona de opcións, que se mostra á esquerda do botón de Iniciar sesión e seleccione GNOME Clásico.

  6. Prema sobre o botón Iniciar sesión.

Para cambiar de GNOME Cláisco a GNOME:

  1. Garde calquera traballo aberto e logo saia da sesión. Prema no menú do sistema na parte dereita da barra superior, prema no seu nome e logo seleccione a opción axeitada.

  2. Aparecerá unha mensaxe de confirmación. Seleccione Saír da sesión para confirmar.

  3. Na pantalla de inicio de sesión, seleccione o seu nome de usuario da lista.

  4. Escriba o seu contrasinal na caixa de entrada de contrasinal.

  5. Prema a icona de opcións, que se mostra á esquerda do botón de Iniciar sesión e seleccione GNOME.

  6. Prema sobre o botón Iniciar sesión.